<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-debut-de-martino-porconi]]></link>
<description><![CDATA[Editorial Galaxia publica O debut de Martino Porconi, recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O prodixio dos zapatos de cristal a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical (Shostakovich e Britten) e da voz do actor de dobraxe Francisco M. Barreiro.
Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Federico Fernández, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia.
Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar aquelas partes das músicas de Shostakovich e Britten que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos.
Neste musiconto, retomamos a historia dos tres porquiños pero desde unha actitude nova: o lobo é un tenor de grande talento, e o porquiño máis pequecho ten o corazón entregado ao bel canto. Xosé A. Neira Cruz ofrécenos unha chiscadela literaria que, bebendo na fonte do conto tradicional, lévao cara territorios novos e moito máis divertidos.
]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 18 Apr 2026 19:09:08 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>