<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS DA TERRA DA TARDE]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/contos-da-terra-da-tarde]]></link>
<description><![CDATA[Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible". Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses queilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto dehistorias do autor de 'Pan e coitelo'.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 13:12:56 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
