<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-ultimo-canto]]></link>
<description><![CDATA[
Todas as mañás, o galo de Filiberto e Sacramento subía ao campanario e cantaba: «¡Oh sole mío…» Así foi durante moitos anos, tantos que parecía que sempre sería igual. Pero o capón pouco a pouco chegou a vello e unha noite fechou os ollos para durmir…
A morte é un concepto difícil de comprender para os pequenos e de explicar para os adultos. O último canto enfróntaa dun xeito entrañable e natural, xa que, forma parte da vida. Ademais, o libro trata de explicar as diferentes etapas afectivas que se experimentan tras a perda dun ser querido: o dó, a aceptación, e finalmente, o recordo. E faino sen perder tensión narrativa, nin tampouco emoción.
O álbum é, daquela, unha forma de que os máis pequenos se acheguen con normalidade ao fenómeno da morte e aprendan a valorar a vida. Ademais, aínda que dun modo simbólico, a historia destaca o tema da transmisión de coñecemento como un elemento clave no proceso de maduración e crecemento emocional.
Estes conceptos e valores están reforzados coas interesantes perspectivas e fantásticas composicións pictóricas de Miguel Ángel Díez, quen creou para este álbum personaxes moi elaborados con connotacións antropomórficas.
Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2010
Texto de Pablo Albo
Ilustracións de Miguel Ángel Díez
Tradución do castelán de Antón Fortes
]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 10 Jun 2026 16:13:36 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>