<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-baul-dos-ladrons]]></link>
<description><![CDATA[
Ninguén quería deixar a Marta soa aquela tarde; mais, por unhas cousas ou por outras, todos tiveran que saír. Foi entón, cando a cativa subiu xogar ao faiado e atopou un baúl que o seu tío Walter mandara desde Italia moito antes de nacer ela. Marta devecía por abrir aquel misterioso baúl…
Os nenos son curiosos de seu, pero non debemos mirar con malos ollos esta característica, grazas a ela, descobren o mundo que os rodea, relaciónanse con demais,… en definitiva, crecen e desenvolven a súa personalidade.
Tamén é certo que eles carecen de información que os adultos si temos, e que unha curiosidade esaxerada pode carrexar problemas. Polo menos, así lle ocorre á protagonista desta historia que, por empeñarse en abrir aquel baúl, terá que resolver, con habilidade, intelixencia, rapidez e espontaneidade, unha… «incrible e delicada situación».
Tal e como xa nos ten acostumados a prosa de Frank Baum, o ton do relato alén de ser fresco destila unha suave ironía. E xunto co seu xenuíno humor, as doses de realismo e fantasía que o autor conxuga con perfección, converten este conto nunha lectura divertida salpicada de detalles que nos convidan á reflexión.
Iván Prieto desprega aquí boa parte da súa capacidade para xerar imaxes a partir das súas famosas colaxes pintadas sobre papel. Utiliza un repertorio, contido pero eficaz, de recursos compositivos para darlle luz a un texto clásico que esixía ir máis alá da simple iluminación das palabras. Por iso xoga cos encadramentos nun tratamento escenográfico case teatral, aínda que de evidente base narrativa, que resulta o mellor complemento para un texto visual cun alto grao de abstracción na concepción de espazos e figuras.
Texto de L. Frank Baum, en versión galega de Paco Liván
Ilustracións de Iván Prieto
]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 11:36:30 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>