Xiana, unha fotógrafa galega a piques de cumprir os trinta anos, atópase nun intre complicado da súa vida cando recibe a miseriosa chamada do médico de cabeceira da súa avoa, á que ela non ve dende que era cativa.
Movida pola curiosidade, cansa da súa vida gris en Santiago de Compostela e lonxe de imaxinar as consecuencias da aventura que está por comezar, Xiana parte cara o norte de Galicia, cara a terra dos seus antergos.
No pobo atopará a unha anciá asustada que xa só espera pola morte pero, que misterio perturba a tranquilidade da muller? Por que vive obsesionada cun nome e unhas cartas que ninguén máis semella lembrar? E, sobre todo, porque certas persoas do pobo se empeñan en interpoñerse no seu camiño?
Nunha viaxe que cambiará a súa vida para sempre, Xiana mergullará na historia da súa familia para descubrir as consecuencias dun amor imposible e silenciado moito tempo antes a través dunha intriga que chega até os nosos días.
PREMIOS
"Meniña de Cristal" foi publicada por primeira vez no ano 2005 tras gañar o I Premio Bilos Pazos de Galicia para menores de 25 anos.
A AUTORA
Iria López Teijeiro (Fene-A Coruña, 1981) cursou Realización de Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son de A Coruña e, tras traballar varios anos nos eidos da posprodución de vídeo e o deseño, no ano 2005 deu o salto ao mundo da palabra escrita coa súa primeira novela, “Meniña de Cristal”.
Posteriormente, compaxinou o seu traballo de escrita de guións coa dirección audiovisual. No ano 2008, da man da Editorial Biblos, publicou a súa segunda novela, “Santa Matriusca”.
Actualmente, ademais de seguir a traballar nas súas próximas obras literarias, atópase ao fronte do proxecto de escrita Literautas.
Idioma: CASTELLANO