Búsqueda avanzada
Buscar
 

Entra en BiblioEteca...

Disfruta de todo el potencial de biblioEteca entrando con tu usuario...

 

PEQUEÑA MITOLOXIA DE GALICIA


AUTOR: ;; ND
 
 
  • Portada de PEQUEÑA MITOLOXIA DE GALICIA

    9788483027059

 
Compartir: Compartir con un amigo de biblioeteca Compartir por email Compartir en Facebook Compartir en X Capturar código QR Añadir RSS

Sinópsis del libro:

  • Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro, as follas de loureiro bento, a herba cabreira que nace, pasados sete anos, do bafo que botan pola ventá esquerda do nariz os cabalos, e que abre tódalas portas. E pola madrugada, cando nos lavamos coa auga das rosas, sabemos que soñamos con el e que as mouras nos falaban e que as bicabamos na boca, aínda que se presentasen en forma de cobras. Ese mundo de marabillas, se non pode verse, pode sentirse, sexa nos cantos lúgubres das avelaionas e nos misereres da Compaña, sexa no vento que zoa, sexa nas orquestras soterradas baixo as fontes, sexa nas voces das catrocentas bruxas que están todas xuntas, sexa na vella voz da natureza.
    Os autores deste volume, o mesmo equipo que hai dous anos publicaran o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, ceibe para voar, nun abraiante voo nocturno, se cadra alá na Espenuca de Coirós, se cadra no Monte Faro, entre lóstregos salvaxes, á espera da lúa chea, se cadra sobre o Areal de Areas Gordas, por riba das gamelas e dos asombrados mariñeiros, netos de María Soliña, se cadra polos campos de Toledo ou de Sevilla, no aquelarre maior.

    Idioma: GALLEGO

 
 

Clasificador

Según nuestros usuarios

RIGUROSO
Riguroso

Determina lo preciso o impreciso que es este libro con respecto a lo que se cuenta en el mismo. 0 significa que es completamente impreciso y 10 que cuenta es rigurosamente verídico

Más información
DIVERTIDO
Divertido

Determina lo divertido que te ha resultado el libro: 0-aburrido 10-muy divertido

Más información
COMPLEJO
Complejo

Determinamos lo complejo que nos ha resultado la lectura del libro. Desde el nivel más bajo, que indica que es un texto secillo de comprender hasta el valor máximo que indica que es complejo de comprender

Más información
SORPRENDE
Sorprende

Indica lo sorprendente que resulta el argumento del libro, desde 0: previsible hasta 10: totalmente desconcertante y sorprendente

Más información
 
 

Etiquetas de otros usuarios

Así han etiquetado este libro más usuarios

Así han etiquetado otros usuarios este libro. Si ves acertada su elección puedes añadir la etiqueta con un simple clic a tus etiquetas

 
Publicidad La Asistenta La asistenta
 
 

Comentarios de los lectores

 
 
 

Yo Leo

Información para lectores

Anillo de blogs

¿Tienes un blog?

Paga si te gusta

La forma de pago del futuro...

BiblioEtecarios

Ayudanos con los libros

Yo Escribo

Si eres autor, descubre más...

Ayuda

Todo lo que puedes hacer en la web
C/ Mayor, 50, 2C.
28921 Alcorcón (Madrid)
Tel/Fax : 91 288 73 76
E-mail : info@biblioeteca.com

BiblioEteca en Rss

 
Copyright © 2026 BiblioEteca Technologies SL - Todos los derechos reservados